As trinta e sete obras do Certame de Pintura Antonio Fernández poden verse no Mercado Municipal de Tomiño até despois das Festas do Alivio

Home/Actualidade/As trinta e sete obras do Certame de Pintura Antonio Fernández poden verse no Mercado Municipal de Tomiño até despois das Festas do Alivio

As trinta e sete obras do Certame de Pintura Antonio Fernández poden verse no Mercado Municipal de Tomiño até despois das Festas do Alivio

Dende onte poden verse no primeiro andar do Mercado Municipal de Tomiño, as 37 obras resultantes do Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández, celebrado o pasado 19 de agosto en Goián.
Trátase de cadros realizados aplicando diferentes técnicas e sobre temas libres que, na súa maioría, son paisaxes ou bodegóns.
A mostra, que estará aberta até despois das Festas do Alivio, poderá visitarse no horario de apertura do mercado no verán.
As pinturas dos tres gañadores ( Paz Larrumbide Moreno, de Vitoria; Raúl Gil Burés, de Taragoña. Rianxo), e Sergio González Ribeiro, de Barro. Pontevedra, nesta orde), está colocados xunto á cafetería, presidido a zona de reunións.
O Centro Goianés acolleu esta mesma mostra do 21 ao 28 de agosto, e o Mercado Municipal, faraino até despois das festas patronais, estando as obras á venda na súa maioría, o que posibilitará ás persoas interesadas mercar unha obra de arte por un prezo razoable.

2018-08-30T12:22:21+00:00