Actualidade

Home/Actualidade

O patrimonio arqueolóxico da provincia, visible ata o 10 de decembro no Mercado de Tomiño

Un percorrido polas mámoas, castros e petróglifos máis singulares da provincia de Pontevedra, como os labirintos circulares de Portaxes, no alto do Monte Tetón, na parroquia tomiñesa de Santa María de Tebra. Isto é o que ofrece a exposición ‘Escenarios de Prehistoria’, unha mostra argallada a través de fotografías de Federico de la Peña posta [...]

Tomiño leva a cabo importantes obras de acondicionamento no seu Mercado Municipal

O Concello de Tomiño vén de comezar novas obras no Mercado Municipal para o acondicionamento das súas instalacións, motivo que obrigará a pechar o primeiro andar da praza de abastos todas as tardes ata o vindeiro venres 17 de novembro. Estas obras non afectarán ao resto das instalacións na planta baixa, que manterá a súa [...]

Tomiño leva a cabo importantes obras de acondicionamento no seu Mercado Municipal

O Concello de Tomiño vén de comezar novas obras no Mercado Municipal para o acondicionamento das súas instalacións, motivo que obrigará a pechar o primeiro andar da praza de abastos todas as tardes ata o vindeiro venres 17 de novembro. Estas obras non afectarán ao resto das instalacións na planta baixa, que manterá a súa [...]

Máis de 50 persoas participarán nas II Xornadas Micolóxicas da Asociación de Praceiros do Mercado de Tomiño

A asociación de praceiros e praceiras do Mercado Municipal de Tomiño e a asociación sociocultural Senraia organizan en colaboración co Concello de Tomiño a segunda edición das Xornadas Micolóxicas, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de novembro e que contará cunha exposición de cogumelos, degustacións e saídas didácticas. O programa comezará o [...]

Tomiño saca á rúa outra forma de mercado nunha aposta pola biocultura e a alimentación saudable

Este domingo 24 de setembro o Concello de Tomiño pon en marcha unha nova edición do Biomercado, no que terán cabida máis de 60 expositores dos que a lo  menos 20 serán de Alimentación saudable. Os organizadores do  Biomercado, Sandra González, alcaldesa do Concello de Tomiño, Antonio Tartagione, concelleiro de promoción económica e Carlos Rodríguez [...]

O mercado municipal acolle a inauguración da exposición de Mario Rodríguez, o artista homenaxeado este ano nas Festas do Alivio

A mostra pictórica será inaugurada ás 20.00h desta tarde, no primeiro andar, e permanecerá aberta durante un mes. Esta tarde, no mercado, levarase a cabo a inauguración da exposición de pintura de Mario Rodríguez, o artista homenaxeado este ano nas Festas do Alivio. Será ás 20.00h no primeiro andar, e permanecerá aberta ao público até [...]

Expertos analizan en Tomiño as barreiras arquitectónicas e intelectuais existentes nos municipios de Galicia e Portugal

A acción forma parte dun dos proxectos incluídos no Orzamento Participativo 2017 Tomiño-Cerveira. A idea de accesibilidade debe chegar a ser unha idea transversal, no que se traballe desde todas as áreas da sociedade, de forma conxunta. A esta e outras conclusións arribaron os expertos convidados ás “Xornadas Atención para Tod@s", celebradas hoxe no Mercado [...]

Once expertos en turismo escollen Tomiño para traballar na creación dun dicionario especializado

- Procedentes de diferentes universidades españolas e coordinados por Rubén Lois, profesor de xeografía da USC, os investigadores traballarán até o domingo, analizando tamén as potencialidades do espazo transfronteirizo Tomiño-Cerveira. - Os docentes universitarios aproveitaron o encontro de traballo para visitar o mercado municipal. Once profesores de Turismo (todos xeógrafos) de diferentes universidades españolas (Madrid, [...]

Últimos días para visitar a exposición de cerámica “A terra transformada en arte”, de Pilar Pintos, no noso mercado

Últimos días para visitar a exposición de cerámica “A terra transformada en arte”, no primeiro andar do Mercado. A mostra reúne gran variedade de obras e técnicas, que resultan atractivas, tanto polo seu colorido e volumes, como pola súa proposta estética. A súa autora, Pilar Pintos, viguesa radicada en Eiras, manifestou a súa satisfacción pola [...]