Tolemia de Amor no Mercado das Marabillas

Home/Actualidade/Tolemia de Amor no Mercado das Marabillas

Tolemia de Amor no Mercado das Marabillas

Ninguén podía supoñer que algo así ia ocorrer, ¡Os praceiros de Tomiño volvéronse tolos!

Primeiro foi o peixeiro quen sen previo aviso namorouse dunha pescada do pincho, despois a froiteira  non paraba de dicir que andaba en amores cun repolo do Baixo Miño.

As mas linguas din que foi unha meiga do Rosal, quen tivo a xenial idea de cambiar as pócemas, por mor de que o día dos namorados estaba o caer e parecíalle boa data para que a xente namorara. Mais, quen podía pensar que esta xente íase namorar dos seus propios produtos!!!

Veñan señores e señoras e vexan cos seus ollos o que está a acontecer no mercado das marabillas.

2017-05-23T15:55:23+00:00